chocalleiro, -a

Persoa que leva chocallos como elemento do disfrace.

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre a voz “chocallo” que vén de “choca” que procede do latín tardío clocca ‘campá’.

Exemplos *

“A letra de Ramón Veiga vai presentando unha comitiva na que o boteiro, a madama ou o chocalleiro se xuntan co boi, a gárgola ou a marela para festexar o final do inverno e o comezo da primavera..” (AA.VV.: www.vinte.praza.gal, 8-2-2013) [visto 6-2-2023]

“O Chocalleiro é inconfundible polo son das chocas que o acompañada cando percorre a localidade [Vilardevós].” (Mariló Pérez: La Región, 12-1-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.