churra

Ave doméstica da familia dos fasiánidos, femia do galo, con crista pequena e vermella e peteiro curto, que se cría para aproveitar os seus ovos e a súa carne para a alimentación

Etimoloxía

Crese que esta palabra ten a súa orixe na onomatopea.

Exemplos *

“Chamaba ás galiñas (as churras, como dicía a avoa Laura e a súa propia nai), e as galiñas igualmente se acercaban para pica-lo gran de millo que el lles degrañaba no patio.” (Xosé Fernández Ferreiro: A cidade das chuvias, 1994)

“A mamai Otília, coas mazás no fondo do avantal que recolle coas dúas mans, métese no galiñeiro, churriñas, churras..., e bótalle a froita froita como se fose millo.” (Lois Diéguez: A canción do vagamundo, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.