cimeira

Punto máis alto dunha montaña, edificio ou árbore

Etimoloxía

Termo que se crea sobre “cima” que vén do latín cyma ‘rebento’.

Exemplos *

“Atopándome no alto dun pequeno monte do Concello de Ames, ollei varios exemplares do que semellaba se-la mesma especie alpina. A altitude da cimeira do monte era a mesma na que atopara a gran poboación de Gagea nevadensis de Trazo, pero aquí, a presenza da planta resultaba ser moi escasa.” (Xermán García Romai: Natureza Dixital. Retallos de natureza en formato dixital / Gagea nevadensis, unha planta alpina na comarca de Compostela, 2012)

“A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero a morte non espera e alcánzao mentres cruzan as escarpadas cimeiras do Atlas marroquí.” (AA.VV: “Mimosas-Óliver Laxe” en Novo Cinema Galego en http://novocinemagalego.info/filmes/mimosas/ [visto o 18-11-2022])

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.