cocho, -a

Mamífero doméstico da familia dos súidos, omnívoro, de corpo groso, pel dura e cuberta de sedas fortes, fociño longo e móbil, orellas caídas e patas e rabo curtos

Etimoloxía

Termo de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Tres horas despois escoitamos o ruído dun motor e, sen que ninguén dese unha orde, os tres subimos nunha camioneta que viña cuns albaneis e un cocho ben cebado.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

“De certo, era un ser que pasaba desapercibido, que non se deixaba ver en feiras nin festas e que case non saía do seu caseto do monte, onde vivía con dúas vacas, unha egua, un cocho, unha ducia de galiñas e seis ou sete ovellas.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.