colección

Conxunto de libros publicados por un mesmo editor e que responde a uns criterios comúns

Etimoloxía

Palabra que procede da latina collectio, -onis de significado semellante.

Exemplos *

“E é que a pesar de todo o avanzado, as coleccións de Rinoceronte non evolucionaran como se pensaba. Cando nacera a editorial no 2006, Galicia vivía a súa curta primavera progresista.” (César Lorenzo: Luzes, 11-2016)

“A portada –si– é visualmente bonita, nesa liña de aires de ilustración un pouco retro que fai que tantas coleccións de libros os prefiras sexa como sexa en papel a en formato electrónico.” (Raquel C. Pico: Disquecool, 10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.