comedia

Obra de teatro en que se presentan, nun ton pouco serio ou cómico, caracteres e costumes e que ten un final feliz

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín comoedĭa, e este bebe do grego kōmōidía que toma como base de formación kômos, ‘festa’.

Exemplos *

“O Tartufo é unha das comedias máis significativas de Molière, na que o dramaturgo, actor e director francés, ademais de retratar unha época e uns costumes sociais, critica a hipocrisía reinante na sociedade do seu tempo.” (Redacción: Galicia Hoxe, 27-2-2005)

“Organizáronse actos, conferencias, mitins, como o que se fixo no mes de decembro do 34 en lembranza de Pardo de Cela, oportunidade na que se estreou tamén a comedia en galego O zoqueiro de Vilaboa.” (Cristina Samuelle: Conversas con Manuel

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.