Persoa que representa comedias e outras pezas de teatro
Etimoloxía
Voz que procede do latín comĭcus, e este do grego kōmikós ‘relativo á comedia’.
Exemplos *
“Desde a súa chegada a Norteamérica, o xenial cómico traballou, ata 1923, en 69 películas como actor, guionista, produtor e director. A súa primeira película, rodada en 1914, foi Charlot xornalista e nela xa se apuntaba a caracterización do vagabundo cuxa indumentaria quedaría definitivamente fixada no seu segundo filme, Estradas sufocantes.” (A. Castillejo: Galicia Hoxe, 19-4-2009)
“As damas preocupábanse do lecer e, non sendo en tempo de loito e tristura como aquel que acababa de pasar, organizaban saraos con músicos, trobadores, cómicos e tamén participaban nas xustas animando aos contrincantes, pero todo isto dentro dos máis estritos cánones da honra e da prudencia.” (Luísa Villalta: As chaves do tempo, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.