Grupo de actores e técnicos de teatro que participan xuntos na representación de obras teatrais
Etimoloxía
Palabra que xorde de “compaña” que vén do latín vulgar *compañía que se forma coas voces com e panis ‘pan’.
Exemplos *
“Un escenario de dimensións profesionais onde calquera compañía de teatro pode representar a máis completa obra escénica que se lle antolle; os vestiarios, o dobre pano para a entrada e saída durante actuación dos artistas.” (Manuel Dourado Deira: Galicia Hoxe, 19-3-2011)
“Deles toman o seu nome Teatro Ghazafelhos, compañía teatral composta por Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas que naceu en 2006 co público infantil como destinatario.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 3-4-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.