cornecho

Peza de pan ou parte dunha peza de pan con forma de corno

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “corno” que vén da latina cornu.

Exemplos *

“As que serviron para comprarlle ó neno un cornecho de pan bregado e plátanos. Clemente devorou o pan co compango aí polas once e correu a brincar na Alameda, en tanto a vella cataba uns callos nas inmediacións de Doutor Fleming, en espera do coche da unha.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

“A nena Hortensia miroume e depenicou lentamente un anaco do cornecho de pan que roía.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.