crecho, -a

Pelo rizado e formando remuíños

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín crispulum ‘rizado’.

Exemplos *

“Pousa sobre as mercadorías do carro o zurrón de coiro que levaba pendurado en bandoleira e aquel chapeu con que se cubría, para mellor se poder desprender do roupón. Agora, sen o chapeu, o seu cabelo crecho e longo fica pairando ao amor dunha araxe liviá.” (Manuel Portas: Lourenço, xogar, 2017)

“A casa só contaba co meu cuarto, que ergueran enriba da azotea e que gozaba con dúas terrazas que se abrían coma miradoiros cara ao val. A patroa era unha muller morena, con pómulos altos e cabelos crechos. Rexentaba co seu home outros dous estabelecementos na vila.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.