Calquera obra literaria destinada á representación en escena, diante dun público // Obra de teatro de carácter serio pero corrente, onde a acción tráxica vai acompañada de elementos realistas e cómicos
Etimoloxía
Voz que nos chega do latín tardío drama, e lévanos ao grego drâma ‘acción’.
Exemplos *
“"¿Quen quere que de quen?, ¿Que pasa se non o consegue?, ¿Por que agora?", así resume Mamet o secreto perdido dos incas, ou sexa, a tres preguntas máxicas que deben aplicar os que queiran saber como escribir dramas.” (Redacción: Tempos Novos, 6-2008)
“Nin xénero nin guión estaban marcados pero era sabido de antemán que estaría máis próxima dun esperpento valleinclanesco que da melancólica mesura dun drama de Chejov.” (María Xosé Queizán: A semellanza, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.