epicureísmo

Doutrina do filósofo grego Epicúreo que se caracteriza por presentar unha concepción atomista do mundo e a busca do pracer material e espiritual.

Etimoloxía

O sufixo -ismo súmase ao nome propio: Epicuro, filósofo grego do 341-270 a.C.

Exemplos *

"O epicureísmo tiña, como o priscilianismo, un carácter á vez vehemente e austero e, a pesar das diferenzas que Amantia encontraba, recoñecía que tanto os uns como os outros foron camaradas de rebelión contra os oráculos e as mitoloxías do mundo pagán."

"O home, tanto para o epicureísmo como para o ateísmo, non necesita dun fundamento alleo ao seu ser, el é capaz de dar senso ao seu ser e de ser feliz." (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: Teoría e praxe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.