escena

Parte do teatro onde se fan as representacións // Cada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra de teatro e nas que actúan os mesmos personaxes

Etimoloxía

Termo que remite ao latín scaena que bebe do grego skene que significaba ‘choza’ ou ‘tenda de campaña’.

Exemplos *

“Máis ca alternativa, o teatro é a vida, na medida en que dá vida e se fornece dela, en estado puro, para ser, pois sen vida na escena o teatro non existe.” (Manuel Vidal Villaverde: Galicia Hoxe, 7-3-2011)

“Entra na escena unha elegante muller duns 45 anos, xa está vestida de gala, é Rosario, a esposa de Federico.” (Eduardo Alonso: Teatro imprevisto / Alta comedia, 2006))

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.