estrondo

Ruído moi forte

Etimoloxía

Voz que os investigadores indican que a súa orixe é controvertida.

Exemplos *

“E o Merelo saíu do porto do Pindo abríndose antes da ría de Corcubión, e viron a columna de auga inmensa caendo da montaña do Ézaro ao mar, e sentiron o estrondo bater das augas.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“O estrondo era atronador. Descarga tras descarga, os canóns dos barcos cuspían a súa poderosa morte sen cesar. Non soubemos onde nin contra quen disparaban ata que un vixía, que tiña a súa posición na Punta Rodeira, (...), chegou desencaixado coa noticia.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.