formar

Dar unha determinada formación a alguén

Etimoloxía

Vocábulo que procede do verbo latino formare ‘dar forma’, ‘organizar’ ou ‘instruír’.

Exemplos *

“A empresa creou a Fundación María Martínez Otero para desenvolver a calidade, a innovación e a tecnoloxía no móbel de deseño e, de modo especial, para formar a mozos deseñadores.” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica, 2008)

“O fin que lle asigna: formar aos profesionais superiores, xa dá idea da importancia da mesma. Dela van saír os educadores, os políticos, os técnicos superiores etc., todos eles elemento director, elites dirixentes do país.” (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: Teoría e praxe, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.