freixo

Árbore de folla caduca da familia das oleáceas que alcanza de vinte a trinta metros de alto, toro groso con moitas pólas, follas opostas e dentadas e madeira de cor abrancazada moi doada de traballar, da que existen varias especies

Etimoloxía

Termo que ten a súa orixe no vocábulo latino fraxinus de significado semellante.

Exemplos *

“Ao día seguinte foi Martiña quen me aplicou unha bilma que contiña casca de freixo, mondas de laranxa, raíz de xanzá e algún lique, que me devolveron o ánimo e baixaron a inchazón.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Os freixos, as carballas, as rexas e vellas reboleiras, un cabanote para gorecerse da chuvia, un fato de ovellas e cabritiños...” (Manuel Xosé Neira: O Correo Galego, 22-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.