friulano

Lingua do grupo retorrománico que se fala na rexión de Friúl

Etimoloxía

Termo derivado sobre o topónimo Friúl.

Exemplos *

“Entre esoutras linguas con menor tamaño demográfico está o friulano, cuns 400.000 falantes, lingua propia do Friul, encrucillada do mundo románico, xermánico e eslavo.” (Francisco Fernández Rei e Antón Santamarina Fernández (introdución): Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas, 1999)

“O friulano está composto por unha serie de falas variantes do retorromance oriental.” (X. Bieito Arias e A. García Fonte: “Panorámica das linguas minorizadas na Europa occidental”, Grial 101, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.