gallamouto

Berro forte e agudo que pode expresar dor, medo, rabia etc.

Etimoloxía

Voz que se relaciona con estoutra palabra “galla” que está vinculada coa latina vulgar *galleum de significado semellante.

Exemplos *

“Nese momento afastámonos, e non vimos como a consumía o lume, pero escoitamos os seus gallamoutos, a pesar de que tapamos as orellas cos dedos.” (Mark Twain: O forasteiro misterioso [trad. Alejandro Tobar], 2011)

“Especialmente sonoro e agre foi o brado que a muller do dianteiro garneou, conseguindo calar á multitude, que asustados polo gallamouto centraron a súa atención nela.” (Cándido Paniagua Pousa: “Fado: 0103”, Xuventude Crea Premios 2017, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.