Conxunto de regras que se deben seguir para falar e escribir correctamente unha lingua
Etimoloxía
Chega desde o latín grammatica, -ae ‘ciencia gramatical’ e este desde o grego grammatiké ‘arte de ler e escribir’.
Exemplos *
“Di Marcial que dicía Pessoa que a mellor maneira de escribir é dicir o que un sinte servíndose da gramática. Eu gramática non sei moita, pero sei o que sinto.” (Miguel Suárez Abel: Premios Pedrón de Ouro 1985/1986 – A alemana, 1987)
“Agora ben, a principal fonte de problemas para o aprendiz dunha lingua procede da gramática e non do vocabulario, que sempre pode consultar nun dicionario.” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.