illa

Porción de terra rodeada de auga por todas partes

Etimoloxía

Termo que deriva do latino insula ‘illa’.

Exemplos *

“Ponse o sol nos meus ollos e a noite / énchese de recordos como estrelas. / Cegan tódolos faros no horizonte / e son un mar perdido na túa illa.” (Salvador García-Bodaño: Cidade virtual, 2003)

“Chama a distantes e cantoras baleas desde mares fríos perdidos en mapas descoñecidos, nalgún lugar ao norte onde todo era fermoso. Baleas distantes e grises, con ollos de blues ártico, montañas navegantes ou illas dun océano pacífico e pagán.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.