Obra impresa desde a invención da imprenta ata principios do século XVI
Etimoloxía
Palabra que procede do latín incunabula que significaba ‘cueiros’.
Exemplos *
“Os cinco séculos de existencia sitúan á Universidade compostelá nun pequeno grupo de pouco máis de medio cento de universidades fundadas en Europa entre os séculos XII e XV e que formarían, parafraseando a historia do libro imprentado, o restrito club dos «incunables».” (Ramón Villares: Idea da Universidade, 1996)
“Oleiros recibirá tamén a biblioteca persoal de M.Kaydeda dotada con 5.000 volumes, entre os que hai incunables e primeiras edicións.” (Redacción: O Correo Galego, 23-2-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.