índigo

Cor azul escura desta substancia / Substancia colorante, obtida orixinariamente deste arbusto[o índigo] e actualmente por síntese

Etimoloxía

Denominación procedente do latín Indĭcum; que significaba literalmente 'da India', porque de alí procedía a substancia do colorante.

Exemplos *

“Permanecía inmóbil mirando o mar e notando que o tempo non transcorría coma sempre, de forma pesada e monótona, non, ese día o tempo fluía, coa mesma facilidade e mestría coa que as gaivotas que, planeando, domaban a brisa calorosa adornando o ceo intensamente índigo.” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)

“O ollo capta as radiacións luminosas, que son ondas que viaxan polo aire en liña recta a 300.000 km/s. O feixe luminoso de luz branca divídese en sete cores: violeta, índigo, azul, amarelo, verde, vermello e laranxa.” (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.