irmandade

Asociación de persoas que teñen os mesmos ideais, a mesma crenza en determinada materia, fundamentalmente de tipo relixioso

Etimoloxía

Voz que crea sobre o substantivo “irmán” que procede germanum que designa ao 'irmán', que deriva do latín germen ‘gromo’.

Exemplos *

“O rei Artur, adoita nomear novos cabaleiros no día de Nadal; e, se por infortunio perdeu a vida hai pouco algún dos meus compañeiros da Mesa Redonda, poderedes entrar a formar parte da irmandade, pois aposto o meu brazo a que non hai en toda Bretaña nin no resto do mundo un home máis digno ca vós.” (Eva Moreda Rodríguez: Breogán de Guisamonde o Cabaleiro Gaivota, 1997)

“Porque este non é o mundo de desexo republicano dos anos da Irmandade. Porque acó, neste patio de betón armado, facemos esforzos en que algo acuda. Oxalá el, peza singular de resistencia e de paixón, fose reclamado dende a cidade larga, que un dos seus recados arribase a bo porto.” (Margarita Ledo Andión: Porta blindada, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.