marcapáxinas

Elemento, polo xeral en forma de tira de cartón, empregado para sinalar a páxina dun libro en que se interrompe a lectura

Etimoloxía

Creación formada polo verbo “marcar” que procede do italiano marcare de significado semellante e a voz “páxina” que vén do latín pagina ‘folio’.

Exemplos *

“Daniel regaloume un libro do venerado William Carlos Williams que leva por título “Os relatos de médicos” e un marcapáxinas da libraría Numax.” (Martiño Noriega: Diario Nós, 9-8-2022)

“Os usuarios de honra: tres adultos e tres infantís, que recibirán un libro como agasallo. Ademais, durante toda a xornada haberá marcapáxinas de deseño variado para dar a todas as persoas que ese día leven documentos en préstamo.” (E.P.: Galicia Confidencial, 9-1-2023)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.