Xaque no que non se pode mover o rei ameazado sen perdelo, finalizando así o xogo
Etimoloxía
Froito da redución da frase “xaque mate” que bebe da expresión do árabe aššāh māt que se interpreta como ‘o rei morreu’.
Exemplos *
“Aínda que el contaba cunha torre menos, as torres negras, até ese momento estaba inutilizadas. Unha vez máis se reafirmou no seu plantexamento. Se ben a primeira vista, quen tiña a capacidade de dar o mate era a raíña, en realidade o perigo se agachaba na lenta pero infatigábel capacidade do rei negro para poñer en perigo toda a defensa branca.” (Luísa Villalta: As chaves do tempo, 2001)
“Cando a terra exhala os húmidos vapores que parecen afogar aos camiñantes, arredor das mesmas mesas, un conxunto inesperado de señoras xogan ao mus, mentres, noutras mesas, eses mesmos cabaleiros da alborada, concentrándose ante un vello taboleiro de xadrez, danse mates ou enrocan.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.