meimendro

(Hyoscyamus niger) Planta herbácea anual da familia das solanáceas, de follas dentadas ou lobuladas e corola con nervación reticulada, de cor amarela e púrpura no centro, da que se utilizan as follas e as sementes con fins medicinais.

Etimoloxía

Denominación que bebe do latín tardío milimindru de significado semellante.

 

Exemplos *

“Láianse os feridos, aplícolles na boca esponxas empapadas en zume de mandrágora, opio e meimendro para anestesialos, por sorte o normando ten unha boa provisión de remedios...” (María Gándara: Magog, 1997)

“Esa apócema pode levar estraloque, beladona ou meimendro. Todas se poden conseguir, ou nos nosos bosques ou mercándollelas a Luzdivina e mais aos outros vendedores de herbas que visitan a comarca. Seguro que tamén lle botan maiorana.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.