mitoloxía

Conxunto de lendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión

Etimoloxía

Denominación que procede do latín tardío mythologĭa ‘tratado das fábulas’, e este do grego mythología.

Exemplos *

“Na mitoloxía, no folclore, na iconografía, nas voces altas ou nas subalternas, Galiza é a Nai Terra ou Terra Nai. Galiza é sempre deusa, e a partir de aí, de mester campesiña, obreira, emigrante, sobriña de cura, musa art déco, camioneira, algueira, costureira, arquitecta ou muller do Tempo.” (Manuel Rivas: Luzes, 12-2013)

“Este Monstro da Lagoa está emparentado coa Serpe, co Dragón e coa Coca, e, desde logo, co famoso do Lago Ness. Monstros acuáticos son abundantísimos na mitoloxía celta e en toda Europa.” (Xoán Ramiro Cuba Rodríguez e Xosé Miranda Ruíz: Diccionario dos seres míticos galegos, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.