moxena

Partícula con lume ou xa reducida a cinsa que salta dun corpo en chamas

Etimoloxía

Voz de orixe incerta, crese que podería ser prerromana e relacionada co éuscaro muskin ‘toro de leña’.

Exemplos *

“Aquelas ledas fogueiras xa fuxiron / das seráns de bebedeira do dourado San Martiño / e as centilantes moxenas / que, coma enxamios de abellas, / revoando / rubían as follas mestas.” (Florencio Delgado Gurriarán: “O castiñeiro morto”, A Bebedeira, 1934)

“Como faíscas que se desprenden dunha fogueira nacen estes relatos. Como moxenas que salfiren de puntos de luz a noite, ese tempo feito para o acougo, para os soños ou para escoitar e ler historias, así pode lerse na contracapa de Faíscas de María Canosa.” (Romina Bal: Galicia Hoxe, 3-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.