natural

Nacido nun lugar

Etimoloxía

Palabra que procede da latina naturalis que significaba ‘de nacemento’, ‘natural’, ‘innato’.

Exemplos *

“O meu nome é Chavián, e o finado autor dos meus días era tamén natural de Inglaterra coma vosa mercé.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Esa idea de tesouro agochado está presente nun relato segundo o cal un home, natural de Corme, vendera en Cadiz tesouros atopados no Pindo.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.