ourizo

Casca exterior con espiñas que contén as castañas do castiñeiro

Etimoloxía

Palabra que bebe do latín ericĭu de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Apañar as castañas é un traballo de paciencia e non tan doado como parece : hai que dobrar o carrelo, os ourizos pican todos, que non son pementos de Padrón, hai que apandar cos sacos ata á pista máis próxima.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

“Os soutos de castiñeiros debuxan unha paisaxe única no que a tradición se une ao mito e a historia transcorre de vagar entre unha impresionante floración en primavera e a pausada caída dos ourizos en outono, presaxiando así un inverno de longas noites xunto ao lume aderezado co aroma estoxadizo das castañas asadas.” (Jesús Losada: Novas do Eixo Atlántico, 4-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.