Planta anual da familia das papaveráceas, de follas pinnadas e dentadas, flores redondas de cor encarnada intensa e froito en cápsula, moi abundante nos campos de cereais
Etimoloxía
Palabra derivada do latín papáver 'papoula (planta), semente do figo'.
Exemplos *
“Alén da súa fin do mundo sabía que había prados enormes, cubertos de trigo maduro e papoulas, montañas dende as que ninguén pode caer, planetas de diamante puro e máquinas industriais que convertían os pexegos en marmelada.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Daría un paseo mentres non anoitecese esperando a hora da cea e (...) iría ata onde estaba o cerrado xardín. Púxenme na punta dos pés para ver as rosas, as azaleas, as violetas, as verbenas, as papoulas.” (Josefa de la Esperanza Mandado Estévez: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Renovación, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.