patinar

Desprazarse esvarando sobre unha superficie lisa e chá con patíns

Etimoloxía

Verbo formado a partir do substantivo “patín”, que procede do francés patin de significado semellante.

Exemplos *

"Certo que cando é bonito patinar no lago é cando está despexado e hai lúa, cos reflexos desta no xelo, tan variados, tan máxicos...” (Antón Risco: Tres situacións elementais, 1991).

“(...) organizaron de inmediato unha partida de sopplierkr, un xogo de pelota moi semellante ó que xa tiñan practicado noutras ocasións, pero posible nada máis que sobre o xeo, xa que para xogalo era necesario patinar” (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite, 2001).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.