peluxe

Pelo curto e suave

Etimoloxía

Voz derivada por sufixación tomando como base a palabra “pelo” que remite ao latín pilus de significado semellante.

Exemplos *

“Conde Moure foi desa clase de adolescentes bendicidos polo destino, eses que pasaron de ter a cara como a dun bebé a gastar barba pechada e afeitarse coma os homes, sen atravesar a cruenta pasaxe da peluxe supralabial.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)

“Mirouno aos ollos e neles puido albiscar a teima dos covardes; a peluxe da súa barba tremía, mentres tatabexaba e pedía clemencia.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.