personaxe

Persoa imaxinaria que figura nunha obra de teatro, novela etc. // Persoa que ten un papel social importante e de prestixio

Etimoloxía

Termo tomado do francés personnage de significado semellante desde o século XIV.

Exemplos *

“Nós pedímoslle a María Xosé que cumprise o capricho da autora, que xa era noso, e que lle emprestase a voz á súa personaxe.” (Quico Cadaval: II Premio Cultural de Teatro radiofónico [prólogo], 2008)

“As terras bergantiñás foron fecundas en personaxes de letras e ciencias. Eduardo Pondal, nacido en Ponteceso, foi o que acadou máis sona. En Laxe naceron o insigne xeólogo Isidro Parga Pondal e o poeta Antón Zapata.” (Paula Carballeira: Alicia & Alicia, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.