pierrot

Personaxe da pantomima francesa de cara enfariñada, a cabeza cuberta cun casquete negro e vestía un traxe de cor branca formado por unha camisola con botóns negros e pantalóns anchos e disfrace que imita o traxe deste personaxe

Etimoloxía

Termo que procede do diminutivo do nome francés Pierre ‘Pedro’.

Exemplos *

“Un ano o meu tío Xuxo foi nunha desas comparsas, a dos Pierrots, tocando o violín. O disfrace de Pierrot era daquela moi usado polas máscaras, moito máis do que o dominó que tanto predicamento tivera nos tempos románticos e que agora a penas se vía.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

“O desfile previo ao concurso sairá da praza da Soidade ás cinco da tarde e estarán acompañados por catro pierrots xigantes e do grupo de percusión Alkora.” (AA.VV.: “Un concurso de filloas e orellas, principal novidade dun Entroido que se presenta cun programa ampliado” en www.concello de Lugo, 13-11-2007) [visto: 3-2-2023]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.