píllara

Ave limícola de plumaxe gris ou parda na parte superior e xeralmente branca na parte inferior, de patas curtas e ás rematadas en punta, da que existen diversas especies

Etimoloxía

A denominación non ten unha orixe clara. O nome científico da especie é Charadrius dubius.

Exemplos *

“Un sol lene e xoguetón pintaba roteiros de sargazo e toniñas no azul impenetrable do mar. O trono do obús avivou un bando de píllaras que rolaron na esquerda.” (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello, 1984)

“A píllara das dunas exponse a numerosos perigos a diario: "O principal problema é a degradación nas praias onde crían.” (Yuri Carrazoni: Nós Diario, 8-6-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.