poemario

Colección ou libro de poemas

Etimoloxía

Termo derivado sobre a palabra “poema” que procede do latín poēma con significado semellante, e este do grego poíēma.

Exemplos *

“Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando.” (Amara Gándara: Nós Diario, 14-12-2020)

“Baixo o título Medre o Mar, a xornada de tributo incluirá desde recitais poéticos até unha travesía marítima para homenaxear o autor de poemarios como Non vexo nin Vigo nin Cangas ou obras narrativas como Protoevanxeo do neto de Herodes.” (Alberto Ramos: Sermos Galiza, 24-8-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.