Peza de abrigo que consiste nunha especie de manta de la ou doutro tecido, rectangular ou cadrada, cunha abertura no centro por onde se mete a cabeza
Etimoloxía
Termo de orixe incerta, téñense dúbidas se se tomou da lingua oriúnda do sur de Arxentina e Chile ou foi levado polos mariños peninsulares que chegaron alá.
Exemplos *
“De volta para a casa, á altura da ponte vella, pareceume ver que unha dama de poncho encarnado ía pedir a derradeira en La Bombonera.” (José Antonio Andrade: Contos da taberna, 2014)
“Petou o amor da súa vida, trocou o tango pola muiñeira, a milonga polo pasodobre, o bandoneón pola gaita, o poncho polos zocos, o mate polo viño do Ribeiro do Avia, os Andes pola serra, e a patria nova pola vella. E así foi como, en saloucos, a aquela moza se entregou, os dous rebordando amor as súas almas presas nun só e gran corazón.” (Celsa G. Hermida “Viñoa”: Anacos, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.