Parte do escenario máis próxima ao público
Etimoloxía
Cultismo que procede do latín proscenium que, á súa vez, vén do grego proskenion ‘parte dianteira do escenario’.
Exemplos *
“A corda é a sección que toca a parte máis importante na música e colócase no proscenio, estendéndose por el dun lado a outro.” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical, 2006)
“Ela dubida, dá a volta, olla o que hai na escuridade, máis alá do proscenio, mira o reloxo por fin, decídese, fai ademán de dirixirse a el, estende o brazo, intenta dicir algo, pero a voz del interrompe a acción dela que vai definitivamente cara ó lugar que ocupaba ó comezo e queda quieta, de costas o un ó outro.” (Gustavo Pernas Cora: Comedias paranoicas / Anatomía dun hipocondríaco. Comedia médica, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.