rabuxa

Mal humor.

Etimoloxía

Procede da suposta forma do latín vulgar rabugine, orixinado a partir de robigine, ‘ferruxe’.

Exemplos *

“As veces que escoitara a voz da vella vibrante de rabuxa, procurando palabras terribles coas que abrumalo, non sentira tanto o seu dominio como nos momentos en que, gozosa e chea de si, distribuía os bens da súa simpatía.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)


“Cun movemento brusco, Castro tentou arrincarllo, pero só conseguiu que caese ó chan, ó tempo que berraba de rabuxa. -¡Fun eu, si, fun eu!” (Xosé Durán: O asasino invisible)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.