redactor, -a

Persoa encargada da redacción das noticias, artigos de opinión etc., nun xornal ou noutro medio de comunicación

Etimoloxía

Termo que deriva de “redactar” que proceden do latín redactum, participio de redigere ‘facer volver’.

Exemplos *

“A través da historia de Ana, a protagonista, unha muller que debe conciliar o seu traballo como redactora dunha revista coa súa vida persoal, a autora debuxa "un retrato apaixonado e vibrante do momento".” (Ana Mendoza: Galicia Hoxe, 6-4-2009)

“Os seus redactores e locutores, que tiñan que realizar grandes esforzos para dotalo de contido, eran galegos, como a daquela aínda nova Concha Limia.” (Manuel F. Rodríguez: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) / Radio en galego. 1960-1975, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.