Incorporar de novo.
Etimoloxía
Derivado sobre o verbo incorporar, que vén do latín tardío incorporare 'xuntar' ou 'unir'.
Exemplos *
"Eu, pola miña banda, reincorporeime ao colexio cunha sensación de cansazo dende o primeiro día." (Xaime Domínguez Toxo: Contos da baiuca)
"Colleu unhas febres que o tiveron varios meses de baixa, e só regresou aquí ó reincorporarse a principio de curso porque non tivo máis remedio …" (Xosé Miranda: A biblioteca da iguana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.