roxón

Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga

Etimoloxía

Crese que pode vincularse co latín rubens, -entis que significaba ‘vermello’ ou ‘avermellado’, logo nas linguas iberorrománicas aparecen derivados sobre roseus ‘vermello’ coa idea de ‘poñer vermello o forno’ ou ‘torrar’ e de aí o produto de torrar a carne.

Exemplos *

“As castañas casan moi ben cos roxóns ou con chourizos un pouco graxos, con bastante touciño, como aconsella a condesa de Pardo Bazán, que non se preocupaba moito do colesterol.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“Da igrexa o repenico dos domingos en badaladas de vello, de Fucarelos sabores dunha noite de roxóns, do Gandarón o coitelo cremoso espetado no queixo, das Cinco Calles medo e ruínas.” (Miguel Suárez Abel: Galicia Internacional, 7-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.