sardo

Lingua románica falada na Sardeña

Etimoloxía

Vocábulo derivado do latín sardi cun significado semellante.

Exemplos *

“O galego, eusquera, catalán, sardo, franco-provenzal e o gaélico serán linguas oficiais na Europa das rexións.” (E.P.: O Correo Galego, 30-10-2001)

“Sardeña aproba, por primeira vez na súa historia, unha lei para a regulación integral do sardo e outras linguas que se falan nesta illa mediterránea.” (Redacción: Nós Diario, 02-07-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.