serpente

Réptil sen patas da suborde dos ofidios, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde a substantivación do participio latino serpentis que viña, á súa vez, de serpere ‘arrastrarse’.

Exemplos *

“Esas son crenzas da xente ignorante, supersticións. E en canto ás mangostas, ¿non viches que en moitos lugares da Indochina a xente tenas na casa? Pois tenas xustamente para se defenderen das serpentes velenosas.” (Antón Risco: Tres situacións elementais, 1991)

“" Compren, señores, compren o bálsamo extraído polos indios do veleno da mortal cóbrega da Amazonía". E coa mesma, dunha gaiola de madeira sacaba unha grandísima serpente que arrincaba da xente uns berros pavorosos.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / A fascinación de cada semana), 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.