silandeiro, -a

Onde hai silencio / O que permanece en silencio / O que non produce ruído

Etimoloxía

Palabra derivada que remite á latina silente, participio do verbo silere ‘estar calalo’.

Exemplos *

“A silandeira nai dos ausentes / está a tecer ao vello xeito / un lenzo de esperanza / que xa non sei se alguén de nós / terá de o ver.” (Salvador García-Bodaño: Tempo de Compostela, 1979)

“Cando pechamos a porta, Lupe tampouco quixo despedirse dela, dixo que Carolina estaba mellor durmida, por iso marchamos silandeiros e subimos o promontorio polas rúas de pedra. Xa case amencía e andabamos os dous con présa.” (Pilar Ortega Pereiro: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.