sofista

Mestre de filosofía e retórica, na antiga Grecia / Persoa que utiliza sofismas

Etimoloxía

Termo culto que procede do latín sophista que, á súa vez, bebe do grego sophistés ‘sabio’.

Exemplos *

“O relativismo e escepticismo que alimentaban os sofistas era o caldo de cultivo onde os máis fortes e hábiles se podían impoñer sen resistencias, era o terreo estercado para medraren as tiranías que tiveron daquela que sufrir en Atenas.” (X.M. Domínguez Prieto: O Correo Galego, 12-11-2000)

“Evidentemente, non se deu unha exclusiva forma de racionalidade-intelixencia; ó lado xa de Anaxágoras e de Platón pensaron Demócrito e os sofistas; ó lado de Santo Tomás pensaron os árabes e Guillermo de Ockam; ó lado de Leibniz, Hume e outros.” (José Ángel López Herrerías e Xosé Antonio Tarrío Fernández: A trastenda pedagóxica do éxito escolar, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.