Árbore da familia das rosáceas, con follas imparipinnadas e froito comestible en forma de pequena pera de cor amarela avermellada
Etimoloxía
Palabra derivada mediante do sufixo -eira que se aplica ao nome “sorba” que vén do latín sorbum, a denominación do mesmo froito en latín.
Exemplos *
“E ó pe de alturas coroadas de neve espallábanse acolledores vales, depresións, espetóns basálticos, toba avermellada, ou chairas cubertas de herba, de sorbeiras e de bidueiros, cruzadas por ríos. Nalgúns puntos puideron admirar o fascinante espectáculo das fervenzas que precipitaban os seus vaporosos fluxos dende as alturas.” (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)
“Cando crezan e formen grandes frondas as follas de castiñeiros, carballos, bidueiros, sorbeiras, ameneiros, salgueiros e outras especies caducifolias, probade con eles a debuxar as súas siluetas sen arrincalas.” (Antonio Sandoval: La Voz de Galicia, 10-4-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.