teatralidade

Calidade de teatral

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “teatro” que vén do equivalente latino theatrum.

Exemplos *

“O seu sagrado ministerio converterase, había xa moitos anos, nunha sorte de escenario, farándula e teatralidade de dramaturxia piadosa e fervoroso circo, tornándose, xa que logo, as súas moitas misas e oficios nunha das escasas distraccións, pasatempos e recreos con que contaba a cidadanía.” (Manuel Forcadela: A armada invencible, 1996)

“Malia que o meu afán é dotar a escrita dunha forte dimensión escénica e de procurar que nos textos haxa un evidente sentido de teatralidade, é inevitable que o factor literario adquira máis peso nestes traballos.” (Santiago Cortegoso [prólogo]: A filla de Woody Allen / Pequenos actos pseudorrevolucionarios / O furancho, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.