terminoloxía

Conxunto de termos técnicos propios dunha determinada ciencia, arte etc.

Etimoloxía

Vocábulo que se crea sobre a palabra latina terminu ‘termo’ e o sufixo –“loxía” que significa ‘estudo’ ou ‘ciencia’.

Exemplos *

“Verter as sensacións e os sentimentos en palabras custoume entón algo menos. Mesmo empreguei a terminoloxía de meu : extractos, resumos do meu diario.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

“Está escrito cunha linguaxe transparente, de terminoloxía axustada ós contidos e acorde cos propósitos que o autor nos quere transmitir.” (Manuel Dourado Deira: O Correo Galego, 17-2-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.